Tuesday 16 de April de 2024

Unha ducia de actividades infantís servirán para dinamizar a biblioteca e educar en igualdade durante setembro e outubro


Unha ducia de funcións contacontos e outras actividades infantís servirán durante os meses de setembro e outubro para dinamizar a biblioteca pública municipal de Riveira. No día de hoxe este programa foi dado a coñecer no Centro Cultural Lustres Rivas nunha presentación na que participaron a concelleira de Educación, Juana Brión; a responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín; e Ana Ruiz, concelleira de Igualdade: a presenza desta última edil xustifícase porque un bloque dos eventos programados está dirixido especificamente a educar en valores e contra a violencia de xénero.

Para esta extensa programación cóntase co apoio da Xunta de Galicia por medio da Rede de Bibliotecas de Galicia co programa “Ler Conta Moito”, que inclúe accións concretas que atenden ao Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Unha destas accións, A mirada inclusiva da escritora Eli Ríos, desenvolverase no Espazo Xuvenil na fin de semana da súa reapertura, o sábado 21 de setembro ás 18.00 h, na procura da loita contra a violencia de xénero tamén por medio da lectura xa que a Biblioteca colabora co Espazo Xuvenil trasladando fondos para que as mozas e mozos os teñan á man.

A Rede de Dinamización Lingüística, da que forma parte o Concello de Ribeira, está tamén nesta programación. O traballo pola dinamización do uso da lingua galega céntrase nunha especial reflexión contra a violencia de xénero coa obra de teatro dirixida ao público infantil Mai Mai de Baobab Teatro que se representará no Auditorio Municipal o día 14 de setembro ás 19.30 h.

E a programación de outubro rematará, o sábado día 26 ás 12.00 h, cunha “Festa da Lingua Galega” para celebrar a nosa fala.

Programación:

1. Actividades de dinamización na Biblioteca Municipal

Contacontos e obradoiros de dinamización da lectura todos os sábados de setembro e outubro.

SETEMBRO

Storytime con Kids & Us
Actividade: Contacontos de iniciación ao inglés
Data: 07/09/2019
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira.
Dirixido a: nenas e nenos de 3 a 7 anos e as súas familias

Contacontos para bebés de Charo Pita. Ler Conta Moito
Actividade: A familia Papaventos
Data: 14/09/2019
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira.
Dirixido a: nenas e nenos de 0 a 4 anos e as súas familias

Obradoiro teatral cos Quinquilláns. Ler Conta Moito
Actividade: A fábula do espantallo
Data: 21/09/2019
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira
Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos coas súas familias

Contacontos para bebés (0 a 3 anos). Fabaloba Teatro. Rede Cultural da Deputación
Actividade: Quen canta alí.
Data: 28/09/2019
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira.
Dirixido a: nenas e nenos de 0 a 4 anos e as súas familias

OUTUBRO

Contacontos con Electra Menéndez. Ler Conta Moito
Actividade: A galiña dos ovos de conto
Data: 05/10/2019
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira
Dirixido a: Nenas e nenos de 3 a 12 anos e as súas familias.

Contacontos e obradoiro de maxia con Manuel Solla. Ler Conta Moito
Actividade: A maxia dos contos
Data: 12/10/2019
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira
Dirixido a: nenas e nenos de 3 a 12 anos e as súas familias

Contacontos e obradoiro de debuxo con Polo Correo do Vento. Ler Conta Moito
Actividade: Contacontos ilustrado Mulleres Galegas
Data: 19/10/2019
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira
Dirixido a: Nenas e nenos de 3 a 12 anos e as súas familias.

A festa da lingua galega. Servizo de Normalización Lingüística
Actividade: Contacontos e entrega de agasallos
Data: 26/10/2019
Hora: 12.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira
Dirixido a: nenas e nenos de 3 a 12 anos e as súas familias

2. Programa de dinamización da lectura dentro do marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e do programa “Ler Conta Moito Igualdade 2019”.

Contacontos de Raquel Queizás. Ler Conta Moito Igualdade
Actividade: Somos iguais. Contos pola igualdade
Data: 18/09/2019
Hora: 18.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira
Dirixido a: nenos e nenas de 3 a 12 anos coas súas familias

Obradoiro de Eli Ríos. Ler Conta Moito Igualdade
Actividade: A mirada inclusiva
Data: 21/09/2019
Hora: 18.00 h
Lugar: Anexo da Biblioteca Pública Municipal de Ribeira (Espazo Xuvenil)
Dirixido a: mozos e mozas de 14 a 19 anos

Contacontos de Soledad Felloza. Ler Conta Moito Igualdade
Actividade: Bolboretas
Data: 24/09/2019
Hora: 18.00 h
Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Ribeira
Dirixido a: nenas e nenos de 3 a 12 anos

3. Actividade de dinamización do uso da lingua galega pola igualdade e contra a violencia de xénero no Auditorio Municipal

Espectáculo teatral de Baobab Teatro. Rede de Dinamización Lingüística
Actividade: Mai Mai.
Data: 14/09/2019
Hora: 19.30 h
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira.
Dirixido a: nenas e nenos a partir de 5 anos e as súas familias.